O futuro pasa pola plena participación plena das mulleres no desenvolvemento de todolos ámbitos sociais e profesionales ou en todolos procesos de toma de decisións. O proceso de avanzar na igualdade de oportunidades é progresar na construcción dunha sociedade máis solidaria.
O Concello de Sada programa unha serie de actividades que facilita a posibilidade de realizar visitas gratuitas para coñecer outras zonas de Galicia de interés cultural, social ou medioambiental ao longo de todo o ano.
A Concellería de Benestar social e Igualdade e Emprego convoca o concurso de cartaces para o 8M que ten por obxectivo principal o fomento da creatividade e da igualdade da comunidade escolar con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, 8M.
Dentro das actividades do 8M o Centro de Servizos Sociais inicia o Taller de auto-coidado e benestar emocional. Mediante este taller preténdese potenciar o benestar emocional das mulleres mediante a promoción de características positivas e o desenvolvemento das fortalezas persoais, que posibiliten o cambio e florecemento persoal, de maneira que consigan vivir de maneira máis plena e feliz.
A concellería de Benestar programa distintos eventos para a celebración do 8M, Día Internacional da Muller
As concellerías de Emprego e de Educación, Deportes e Xuventude programan un CURSO DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS NO CONCELLO DE SADA. impartido pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA).
As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición por quenda libre, de unha (1) praza de funcionario denominada: traballador social, pertencente á escala de administración especial, subescala técnica, clase servizos técnicos, grupo A, subgrupo A2, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2024 de quenda reservada a persoas con discapacidade. en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento de quenda libre e quenda reservada a persoas con discapacidade da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2024.
Sada sitúase entre os Concellos que máis poboación gañaron na última década segundo os datos publicados este venres polo INE. O goberno local manifesta a súa satisfacción ante estas cifras, que son un reflexo do bo traballo realizado nos últimos anos
A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego programa diversos actos de cara ao DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego, en colaboración co Consorcio As Mariñas e a Fundación Mujeres, pon en marcha un Itinerario de emprego para apoiar a inserción laboral e social das mulleres de Sada. O itinerario consta de 11 días de formación presencial relacionada coa procura de emprego, de titorías personalizadas así como intermediación laboral, e conta tamén con bolsa de emprego para facilitar a súa inserción.
A Concellería de Turismo, Promoción Económica e Participación Cidadá abre á participación nas actividades municipais (Pilates, Zumba e Ioga) nas parroquias do municipio