Servizos sociais

Os Servizos Sociais Municipais son o instrumento máis eficaz para garantir a atención das necesidades sociais de toda a poboación do municipio, previr a desigualdade dos cidadáns e das cidadás, favorecer a participación e o libre desenvolvemento das persoas e dos grupos da sociedade e fomentar do desenvolvemento comunitario.

O Departamento de Benestar Social e Igualdade do Concello de Sada conta con diferentes servizos e programas destinados a atender as demandas e necesidades das persoas e dos colectivos:

 

Servizos para o benestar das persoas

Programas dirixidos á cidadanía

Servizo de información e orientación social


Servizo de atención á familia e á unidade convivencial


Servizo de atención á autonomía e atención á dependencia


Servizo de atención á diversidade funcional


Servizo de atención ás persoas maiores


Igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero


Voluntariado e cooperación social


 

Comité de Etica de intervención social del Consorcio As Mariñas.

 

Contacto:

O departamento de Servizos Sociais, para un bo funcionamento do servizo, pon en coñecemento as seguintes canles de comunicación:

Teléfono: 981620567 en horario de de 9.00 a 14.00

Correo-e: Servizos.sociais@sada.gal  . Enviar breve explicación e numero de telefono para que se poñan en contacto con vostede.

Cita previa: Desde o Servizo de Cita Previa indicar datos e seleccionar departamento de Servizos Sociais e indicar na mensaxe a súa situación. Desde o departamento se devolverá unha chamada en canto lles chegue a solicitude

Actualidade

VISITA E COÑECE GALICIA: PROGRAMA DE SAÍDAS GRATUI...TAS DO CONCELLO DE SADA

24 / MAR / 2025

O Concello de Sada programa unha serie de actividades que facilita a posibilidade de realizar visitas gratuitas para coñecer outras zonas de Galicia de interés cultural, social ou medioambiental ao longo de todo o ano.

COMPARTIR EN:

CONCURSO DE CARTACES PARA O 8M

03 / MAR / 2025

A Concellería de Benestar social e Igualdade e Emprego convoca o concurso de cartaces para o 8M que ten por obxectivo principal o fomento da creatividade e da igualdade da comunidade escolar con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, 8M.

COMPARTIR EN:

Taller de autocoidado e benestar emocional.

03 / MAR / 2025

Dentro das actividades do 8M o Centro de Servizos Sociais inicia o Taller de auto-coidado e benestar emocional. Mediante este taller preténdese potenciar o benestar emocional das mulleres mediante a promoción de características positivas e o desenvolvemento das fortalezas persoais, que posibiliten o cambio e florecemento persoal, de maneira que consigan vivir de maneira máis plena e feliz.

COMPARTIR EN:

PROGRAMA 8M EN SADA 2025

03 / MAR / 2025

A concellería de Benestar programa distintos eventos para a celebración do 8M, Día Internacional da Muller

COMPARTIR EN:

CURSO DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁ...TICOS NATURAIS NO CONCELLO DE SADA.

17 / FEB / 2025

As concellerías de Emprego e de Educación, Deportes e Xuventude programan un CURSO DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS NO CONCELLO DE SADA. impartido pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA).

COMPARTIR EN:

CONVOCATORIA PRAZA DE TRABALLADOR SOCIAL, FUNCIONA...RIO GRUPO A/A2 OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2024 QUENDA RESERVADA A PERSOAS CON DISCAPACIDADE

19 / DEC / 2024

As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición por quenda libre, de unha (1) praza de funcionario denominada: traballador social, pertencente á escala de administración especial, subescala técnica, clase servizos técnicos, grupo A, subgrupo A2, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2024 de quenda reservada a persoas con discapacidade. en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento de quenda libre e quenda reservada a persoas con discapacidade da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2024.

COMPARTIR EN:

Sada, o concello que máis poboación gaña na área m...etropolitana da Coruña

13 / DEC / 2024

Sada sitúase entre os Concellos que máis poboación gañaron na última década segundo os datos publicados este venres polo INE. O goberno local manifesta a súa satisfacción ante estas cifras, que son un reflexo do bo traballo realizado nos últimos anos

COMPARTIR EN:

25 N - SADA DE FRONTE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

19 / NOV / 2024

A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego programa diversos actos de cara ao DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

COMPARTIR EN:

Competencias e habilidades dixitais para o emprego

16 / OUT / 2024

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego, en colaboración co Consorcio As Mariñas e a Fundación Mujeres, pon en marcha un Itinerario de emprego para apoiar a inserción laboral e social das mulleres de Sada. O itinerario consta de 11 días de formación presencial relacionada coa procura de emprego, de titorías personalizadas así como intermediación laboral, e conta tamén con bolsa de emprego para facilitar a súa inserción.

COMPARTIR EN:

ACTIVIDADES MUNICIPAIS NAS PARROQUIAS CURSO 2024-2...025

08 / OUT / 2024

A  Concellería de Turismo, Promoción Económica e Participación Cidadá abre á participación nas actividades municipais (Pilates, Zumba e Ioga) nas parroquias do municipio

COMPARTIR EN:

VER MÁIS NOVAS